O Concello do Grove crea unha bolsa de emprego para contratos temporais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno local do Grove puxo en marcha unha Bolsa de Emprego despois de acordar o contido cos grupos da oposición. Esta iniciativa pretende dar resposta a algún dos problemas de contratación que se rexistran no relacionado a postos laborais temporais do Concello.
Desta forma, o goberno sinala que se está asumindo progresivamente competencias que precisan unha maior dificultade e, por este motivo, queren contar con criterios que permitan seleccionar ao persoal laboral de carácter temporal dunha forma xusta e equitativa.
Esta bolsa de emprego servirá para cubrir as necesidades do servizo por incremento temporal e excepcional de carga de traballo, as incapaciedades temporais ou baixas por enfermidade dos traballadores do Concello e os permisos de maternidade ou de paternidade.
Segundo o goberno local, con este sistema utilizaranse criterios máis transparentes para realizar as contratacións e, sobre todo, resolverase o problema para empregar persoal durante a Festa do Marisco. Ante esta situación, ofreceranse unha bolsa de emprego xeral e outra destinada á Festa do Marisco. Ambas se rexerán polos mesmos baremos pero diferenciaranse na súa vixencia e nos prazos de solicitude de inscrición.
Teranse en conta criterios de discriminación positiva para, entre outros casos, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, vítimas de violencia de xénero ou persoas desaloxadas.
Dentro da bolsa de emprego xeral estableceranse 10 categorías de traballo: peón forestal, peón condutor de obras públicas, de albañilería, de limpeza, barrendero, fontaneiro, encargado do mercado, auxiliar de cultura, de turismo e técnico de normalización lingüística. En canto á Festa do Marisco créanse oito categorías nas que os interesados pódense inscribir: limpadores, montaxe eléctrica, de carpintería, axudante de cociña, responsable de almacén, caixeiros, atención ao público e cociñeiros.
Estas bolsas terán unha vixencia de dous anos. Os solicitantes deberán inscribirse cando o goberno local anuncie a apertura do prazo presentando documentos acreditativos para que despois unha comisión realice unha valoración.