A recuperación do coto de Ponte Caldelas permitirá abrilo á caza antes de tempo
Por Oskar Viéitez
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo este luns unha reunión cos representantes da Federación Galega de Caza co obxectivo de analizar a situación do coto de Ponte Caldelas que foi afectado por lumes forestais en 2013.
Na reunión estiveron acompañados polo xefe territorial de Medio Ambiente, Alberto Fuentes, e o xefe do Servizo de Incendios, Manuel Francisco.
Deste xeito, o presidente da Federación, Francisco Couselo, trasladou a Cores Tourís o interese do coto en retomar a actividade cinexética neste concello xa que a recuperación do monte, na opinión dos cazadores, é óptima para poder recuperar a caza.
Neste senso, o delegado territorial recordou que aplicando o artigo 44 da lei 3/2007 de Prevención de Incendios, son tres os anos naturais que deben pasar para poder retomar esta actividade en zonas afectadas polo lume. Isto significa que en Ponte Caldelas poderíase autorizar a caza a partir do 1 de xaneiro de 2017, explicou.
Isto significa que en Ponte Caldelas poderíase autorizar a caza a partir do 1 de 2017
Sen embargo, este artigo ten unha excepción, segundo tamén apuntou Cores Tourís, “que a Consellería competente emita un informe a través do cal se garanta que a recuperación medioambiental nestas zonas é a adecuada para que se retome a caza”.
A este respecto, Medio Rural visitou fai pouco, a través dos técnicos da Xefatura Territorial, as zonas afectadas, “e segundo nos apuntan, o informe vai ser favorable de cara ao 16 de outubro que é a data na que se abre a temporada de caza”.