As praias de Sanxenxo inauguran tempada
Por Redacción
Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. Son as catro praias de Sanxenxo onde, a partir deste sábado 18 de xuño, haberá servizo de salvamento e socorrismo. Con elas, o municipio dá por inaugurada a tempada estival.
Un total de 24 socorristas comezaron xa a traballar en Sanxenxo desde o 15 de xuño durante un período de tres meses. Quedan pendentes de incorporación os profesionais que prestarán servizo nos areais da localidade durante dous meses.
A virulencia das correntes nestes areais, sumado ao seu desnivel e á afluencia de bañistas que se prevé durante esta primeira fin de semana de bo tempo, é o que levou ao goberno local a darlle preferencia á apertura destes postos, á marxe de que teñan ou non bandeira azul.
Pola súa banda, os baños químicos están xa instalados nas praias de Bascuas, Paxariñas, Caneliñas e Panadeira, mentres que os baños fixos colocados nos areais da Lanzada, Foxos, Pragueira, Major, Montalvo, Canelas, Baltar e Areas estarán operativos tamén a partir deste sábado.
A empresa encargada do balizamento das praias ten xa avanzada a instalación destes servizos, de forma que Silgar, Baltar, Canelas, Caneliñas, Paxariñas, Agra e Montalvo contan xa coas boias de seguridade colocadas.
O mal tempo dos últimos días retardou os traballos da empresa adxudicataria, que confía en que o bo tempo dos próximos días lle permita ter o balizamento nas 16 praias que contarán con esta prestación rematada a mediados de semana.
Relacionadas:
-
As praias de Sanxenxo, totalmente operativas desde este venres
Por Redacción |
-
Bañistas e socorristas estrean o verán en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo
Por Redacción |
-
Sanxenxo reforzará a limpeza en praias coa incorporación de 17 novos operarios. Queres ser un deles?
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica o balizamento de 16 praias por 54.316 euros
Por Redacción |
-
As praias das Rías Baixas 'colleitan' as súas bandeiras azuis
Por Redacción |