Despregamento de policías e bombeiros por un lume nunha vivenda unifamiliar en Sanxenxo
Por Redacción
Efectivos do Servizo de Emerxencias e a Policía Local de Sanxenxo despregáronse arredor das 13.00 horas deste martes para sufocar un incendio nunha vivenda unifamiliar.
Segundo informou Emerxencias de Sanxenxo, tratouse dun incendio urbano iniciado nunha vivenda unifamiliar no lugar de Gondar.
A mesma fonte indicou que se desprazaron policías e bombeiros e que non houbo que lamentar feridos.