Baixan os delitos en Sanxenxo nos primeiros meses do ano
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, copresidiu, xunto co alcalde, Gonzalo Pita, a reunión da Xunta Local de Seguridade de Sanxenxo, á que tamén asistiron representantes municipais, da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local.
Na mesma, celebrada na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, púxose de manifesto a cooperación que existe actualmente entre a Policía Local do citado municipio e a Garda Civil, e a importancia das reunións das mesas de coordinación entre ambas as Forzas de Seguridade.
Polo que respecta aos índices de delincuencia, en Sanxenxo produciuse un importante descenso no número de infraccións penais entre xaneiro e abril deste ano, en comparación co mesmo período de 2015. A variación foi do -26,57%.
Así mesmo, a taxa de infraccións penais esclarecidas aumentou nun 6,67%.
O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra agradeceu o traballo e esforzo das Forzas e Corpos de Seguridade, especialmente en época estival e en municipios turísticos como o de Sanxenxo, e avogou por "seguir trabajando en esta línea".
Desde Sanxenxo solicitouse á Subdelegación do Goberno un reforzo de efectivos na Comandancia da Garda Civil do municipio que, coordinados cos efectivos da Policía Local, cuxa persoal se incrementa no verán coa incorporación do 25 auxiliares, poida garantir a seguridade e a perfecta convivencia do turismo de tranquilidade co goce pacífico da noite en Sanxenxo.
O subdelegado do Goberno, Antonio Coello, coincidiu co alcalde, Gonzalo Pita, en que é imprescindible dotar a Sanxenxo dun operativo de seguridade especial durante os meses de verán.