O colexio de Barcelos, con escolares de 14 países, celebra un Festival multicultural
Por Redacción
14 países contan con representación no colexio Barcelos, representando a catro continentes e fálanse ata nove idiomas distintos nos corredores deste centro pontevedrés. Ante esta situación, os integrantes do Anpa O Galo decidiron levar a cabo un festival para compartir coñecementos, costumes, tradicións e visións de distintas culturas.
Con este evento pretenden fomentar entre os escolares a idea dunha sociedade máis plural e máis xusta. Neste sentido van levar a cabo outras actividades como a celebración de talleres nos que colabora a Cruz Vermella.
Ademais, o centro acolle unha exposición de fotografía do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón. Esta mostra cedida polo Fondo Galego de Cooperación leva por título 'África, soños e mentiras'.
O venres 17, durante a tarde, vai celebrarse a festa na praza de Barcelos, desde as 17.00 ata as 19.00 horas na nova zona peonil, fronte ao colexio.