Os Bombeiros acoden á rúa Joaquín Costa e á Subdelegación por desprendementos
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir na tarde deste venres ao edificio da Subdelegación para retirar unhas tellas do tellado.
Non foi a única saída do corpo de emerxencias para este labor. Tamén na rúa Joaquín Costa foi requirida a súa presenza ante a caida dunhas lousas á rúa.
Coa escaleira mecánica puideron retirar o resto de elementos que ameazaban a seguridade dos transeuntes.
A Policía Local tivo que cortar ao tráfico a rúa mentres se realizaban estas manobras.
Nos próximos días os técnicos revisasen estes inmobles.