Ferida unha condutora nun aparatoso accidente no Paseo de Silgar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A condutora dun vehículo Audi A1 resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado en Sanxenxo.
O sinistro produciuse no Paseo de Silgar sobre as oito desta tarde.
Dous vehículos víronse implicados neste suceso.
O Audi quedou envorcado sobre a calzada o que obrigou a cortar ao tráfico do paseo durante o tempo que actuaron os servizos de emerxencia.