Cotobade agarda este domingo 3.000 personas no décimo aniversario da Feira de Cuspedriños
Por Redacción
A Feira de Cuspedriños chega este ano á súa décima edición máis viva que nunca. A celebración está prevista para este domingo 5 de xuño a partir das dez da mañá e o Concello de Cotobade espera a presenza de máis de 3.000 persoas.
Segundo informou este mércores o Concelllo, está confirmado que o domingo se instalen en Cotobade 70 postos de artesanía, roupa, alimentación ou xogos para dinamizar a xornada festiva a partir das 10.00 horas.
Ás dez da mañá tamén empezará a exposición de animais e ás 11.00 horas está previsto o inicio das actividades para nenos.
A partir dese momento, a actividade xa será frenética en Cuspedriños, coa chegada de vehículos de época e un autobús ás doce de mediodía ou unha misa na igrexa da Virxe do Carmen ás 13.00 horas oficiada polo Pai Benjamín. O resto do programa pode consultarse aquí.
A nota musical da xornada poñerana Os Trazantes de Tenorio, Os Afoutes e Os de Ningures.