Adiantan a martes a feira de Estribela para evitar o Mércores de Cinza
Por Redacción
O mercadillo de Estribela que adoita celebrarse todos os mércores adiante esta semana de Entroido a súa convocatoria para o martes día 12.
Segundo informou a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, este adianto realizase en cumprimento da Ordenanza Reguladora de Venda Ambulante do Concello de Pontevedra, que permite modificar as datas dos mercordos cando coinciden en festivo.
Neste caso, a feira de Estribela coincidía o día 13 coa celebración do Mércores de Cinza, festivo local en Pontevedra. A ordenanza establece que cando as xornadas feiradas coincidan con festivo deben adiantarse ao día anterior.