Os veciños de Ardán estrearán semáforo
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas a través do servizo de estradas iniciou os traballos de mellora en seguridade viaria á altura do colexio de Ardan.
Polo momento a actuación supuxo a instalación de semáforos e o pintado de parte do viario.
O cruzamento de Pardavila está á espera dunha actuación similar, supeditada a que as condicións climatolóxicas traian varios días de tempo seco.
O Pleno do Concello de Marín demandara esta actuación por parte da Xunta nesta estrada de titularidade autonómica.
Nos próximos días finalizará a actuación e procederase á conexión dos semáforos instalados.