Un home resulta ferido ao caer dunha estada de seis metros en Campelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home resultou ferido de gravidade na tarde deste sábado tras precipitarse desde unha estada en Poio e tivo que ser trasladado nunha ambulanica UVI móbil de Urxencias Médicas de Galicia a un centro hospitalario.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, todo ocorreu sobre as 17.00 horas en la parroquia de Campelo. O home estaba a realizar obras de mellora na súa propia casa cando sufriu un accidente.
Os datos achegados indican que se precipitou ao chan desde unha altura duns seis metros. Tras producirse a caída, deuse aviso ao 112 Galicia, que derivou ao lugar a persoal de Urxencias Médicas de Galicia, Protección Civil de Poio e a Garda Civil, que enviou unha patrulla ao momento.