Conclúen as obras para evitar as inundacións no centro de Bueu
Por Redacción
As obras de saneamento das augas pluviais da rúa Johán Carballeira xa se atopan finalizadas ao instalarse os dous colectores na rúa Montero Ríos. O alcalde de Bueu, Félix Juncal e o concelleiro de Obras e Servizos, Fidel Castro, acompañados do aparellador municipal. Tras o Corpus, o goberno local ten previsto pintar a sinalización horizontal e vertical, ademais da zona de carga e descarga na contorna do paso de peóns.
Desde o goberno local anúnciase que o mercadillo do luns 23 xa se celebrará no lugar habitual, despois de que fora desprazado con motivo das obras.
Con esta acometida, o Concello quere dar solución aos problemas de inundacións que teñen lugar nesa zona nos momentos de grandes choivas. Durante estes traballos colocáronse dous pozos de rexistro e colectores de saneamento enterrados para trasladar as augas pluviais ata o novo punto de vertedura. O orzamento supera os 51.000 euros, que financia o Concello.
Por outra banda, durante esta semana estanse limpando os accesos a Bueu, tanto desde Cangas como desde Marín. A partir do luns está previsto que se intensifiquen estes traballos polo centro urbano, con motivo da celebración do Corpus durante a fin de semana do 28 e o 29 de maio.