Aberta a inscripción para a Pontevedrada 2013, unha marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago
Por Redacción
A Pontevedrada, unha marcha solidaria nocturna de 63 quilómetros entre Pontevedra e Santiago de Compostela seguindo o Camiño Portugués, pon en marcha a súa terceira edición. Esta iniciativa, que pretende concienciar á poboación da importancia da donación altruísta de sangue e órganos, sairá o sábado 27 de abril ás 20:00 horas desde a pontevedresa Praza da Ferrería.
A través do mail pontevedrada@gmail.com xa está aberta a inscripción gratuita para participar nesta terceira "Pontevedrada a Compostela", que o ano pasado contou con 107 marchosos solidarios e que volverá contar coa colaboración de Ambulancias Egara, o Centro de Transfusión de Galicia, Begano S.A, TRAVER, a Asociación ACADE e as webs www.escapadariasbaixas.wordpress.com e www.guiasmalouco.com, entre outros colectivos e particulares.
A Pontevedrada, inspirada nunha marcha similar que desde hai anos celébrase na Rioja -a "Valvanerada"- xorde do impulso sinxelo e espontáneo de dous donantes que invitan a cantos marchosos solidarios queiran, a participar o sábado 27 de abril deste pequeno gran reto nocturno, mestura de solidariedade e altruismo, espírito de superación e ilusión permanente polo deporte e a aventura sans.
Máis información en www.pontevedrada.blogspot.com ou www.facebook.com/pontevedrada.