Un coche encáixase contra un estanco en Mourente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un coche encaixouse contra un estanco en Mourente.
Sucedeu este xoves, sobre as 20 horas, na estrada N-541, á altura do lugar de Pazos.
Por causas que non transcenderon, unha saída de vía provocou que o vehículo, que circulaba en dirección cara a Bora, se dirixise contra a casa levando por diante un banco de pedra situado á entrada do establecemento aloxado nos baixos do inmoble.
O condutor do vehículo resultou ferido leve como consecuencia do impacto, sendo trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica.