A caída de cascallos obriga a acordoar a entrada do colexio Calasancias
Por Redacción
A entrada principal do colexio Calasancias amenceu este domingo acordoada ante o perigo de desprendementos procedentes da fachada do edificio.
A caída de cascallos durante a noite obrigou a intervir a Policía Local e Bombeiros de Pontevedra para asegurar a zona.
Os desprendementos non provocaron afortunadamente danos persoais ao producirse nunha hora de escaso tránsito peonil.
Os Bombeiros revisaron a fachada do edificio, situado na rúa Joaquín Costa, para evitar novos desprendementos, sendo necesario acordoar a zona por precaución.