Trasladado a Montecelo un home atropelado polo seu propio coche en Seixo
Por Redacción
Un home de 43 anos tivo que ser trasladado ao Hospital de Montecelo despois de ser atropelado polo seu propio coche dentro do recinto da súa vivenda, no número 22 do lugar marinense da Brea, en Seixo.
O ferido sufriu un forte golpe no costado pero non chegou a quedar atrapado ao non colocar correctamente o freo de man do seu vehículo, que se precipitou sobre el causándolle as lesións.
O suceso, que se produciu minutos despois das 10.00 da mañá, fixo que se mobilizasen efectivos da Policía Local de Marín, Protección Civil e Urxencias Médicas, que finalmente trasladaron ao home ao centro hospitalario.