![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/728/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/572b73a348-572b6d1cc8-bomberos-2-1-.jpg)
© Xunta de Galicia
"Meu pai é bombeiro"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ed2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/572b73843f-572b6d65e1-bombeiros-1.jpg)
© Xunta de Galicia
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e90/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/572b6d8eb5-img_20160505_113453.jpg)
© Xunta de Galicia
A escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra está a desenvolver durante quince días unha actividade destinada a que os máis cativos poidan coñecer diferentes profesións.
Deste xeito, durante estes días as familias están a participar contando aos nenos a súa labor diaria en profesións coma profesor de ximnasia, periodista, médico, policía, avogado ou funcionario.
Na mañá deste xoves, os 15 nenos de 3º de Infantil desta escola puideron coñecer a labor dos bombeiros de Pontevedra que achegaron ata as instalacións da Delegación Territorial de Pontevedra dous vehículos e diverso material antiincendios.
Os máis pequenos familiarizáronse así co uniforme de bombeiro, a roupa especial contra o lume, as mangueiras e os cascos destes profesionais. Posteriormente subiron aos vehículos e finalizaron a actividade gozando dun baño de escuma.
A próxima semana, en concreto o día 11, achegaranse ata as instalacións da Comisaría da Policía Autonómica situada na propia Delegación Territorial para coñecer os vehículos cos que traballan os axentes, así como o material que adoitan utilizar.
Relacionadas:
-
…E o meu é policía
Por Redacción |