Nené Barral pacta coa fiscalía e paga case 700.000 euros a Facenda
Por Redacción
Para o vindeiro mércores 4 de maio está sinalado no xulgado do penal número 2 de Pontevedra o xuízo contra o ex alcalde de Ribadumia, José Ramón 'Nené' Barral, acusado pola Fiscalía e a Axencia Tributaria como autor de dous delitos fiscais polo que solicitan penas que suman oito anos de prisión.
Con todo, a vista non se chegará a celebrar ao alcanzar as partes un acordo de conformidade a cambio de recoñecer o ex alcalde que ocultou á Axencia Tributaria as ganancias obtidas polos negocios eólicos e acuícolas que emprendeu en China e Chile correspondentes aos exercicios de 2006 e 2007. Ao redor de millón e medio de euros.
Segundo informa a xornalista Elisa Lois en páxinas de El País, o que fora durante 18 anos alcalde polo Partido Popular en Ribadumia, xa consignou case 700.000 euros.
O avogado de Nené Barral negociou co Ministerio Público e con Facenda o pago do diñeiro esixido polo fisco como condición para evitar o banco e exonerar ás súas tres fillas. O acordo tamén inclúe unha substancial rebaixa penal e económica.
Ademais das cotas supostamente defraudadas, o acordo tamén contempla o pago dunha porcentaxe de cada unha das multas, ao que habería que sumar os intereses de dez anos de demora no pago tributario.
Relacionadas:
-
A Axencia Tributaria rexistra varias casas da familia de Nené Barral
Por Redacción |
-
Nené Barral elude a prisión por defraudar a Facenda e queda pendente agora do seu xuízo por contrabando
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
'Nené' Barral será xulgado o próximo 20 de xaneiro por dous delitos contra a facenda pública
Por Redacción |
-
O fiscal formula acusación contra Nené Barral por dous delitos fiscales
Por Redacción |