Un motorista ferido en Seixo ao impactar con un turismo
Por Redacción
Unha colisión entre un turismo e un ciclomotor no lugar marinense de Seixo saldouse co traslado do motorista a un centro hospitalario cunha posible rotura de cóbado.
Ao lugar do suceso, que se produciu pasadas as 9:30 horas da mañá na rúa Doutor Outeiro Ulloa, desprazáronse a Policía Local de Marín, Protección Civil e efectivos do 061 alertados por un particular que se puxo en contacto co servizo de emerxencias 112.