A Illa de Arousa, unha "pera en doce" para facer "marabillas" en materia de mobilidade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d3c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/571f8bd91d-20160426_104514.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/321/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/571f8bea06-20160426_112530.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A Illa de Arousa é, segundo César Mosquera, unha "pera en doce", un lugar onde "se pode facer marabillas" en materia de mobilidade para mellorar os tránsitos peonís e a calidade urbana. Por iso, anunciou que a Deputación de Pontevedra realizará unha proposta de reordenación global da mobilidade no municipio a partir da reforma das vías de titularidade provincial.
Tras unha reunión co alcalde da Illa, Carlos Iglesias, Mosquera explicou que o concello ten unhas "posibilidades inmensas" nesta materia, xa que estas estradas provinciais "vertebran e articulan" o territorio da illa pontevedresa.
Na actualidade, A Illa conta con tres estradas provinciais: a EP-9801 entre a ponte e Laxes (avenida da Estación); a EP-9802, coñecida como estrada das Aceñas, e a EP-9803 entre o porto e o Concello (rúas Cabodeiro, Castelao e Valle Inclán). En total, catro quilómetros de viarios que teñen un importante tránsito peonil que aumenta no verán coa chegada de miles de turistas.
A proposta da Deputación é reformar esas estradas, adaptándoas aos criterios de acougado de tráfico do Plan Móvese, financiando un 60% do custo deses traballos, e posteriormente cedendo as estradas ao goberno municipal.
Con esta proposta sobre a mesa, o alcalde comprometeuse a estudar a reurbanización, a conseguir os terreos precisos, así como as posibles ordenacións do tráfico das vías afectadas no caso de reducir o número de carrís de circulación ou instalar plataformas únicas.
"As condicións físicas da Illa limitan moito as actuacións, con vías estreitas e pequenas. Hai que artellar un plan de mobilidade xeral para poder comezar polas vías provinciais e logo estendelo ás demais", destacou.
Mosquera lembrou que, ao abeiro do Plan Móvese, o goberno local solicitou xa a implantación de zonas 30, a mellora de accesibilidade, a dotación de beirarrúas así como a instalación de nova sinalización no treito que coincide coa zona escolar.