Ferida unha moza de Noalla ao despeñarse co coche
Por Redacción
Un veciña do lugar do Altín (Noalla) ferida é o resultado do accidente rexistrado esta madrugada nunha pista paralela á Vía Rápida, á altura da ponte desa parroquia. Os feitos producíronse ao redor das 01.00 horas, aínda que os servizos de urxencias non foron alertados do suceso ata pouco antes das 7.00 horas.
Ao parecer, o sinistro tivo lugar cando o veciño de Meaño C. B. P., de 21 anos de idade, saíuse da calzada cando circulaba pola estrada procedente de O Castro (Vilalonga) nun Citroën Saxo de cor gris e matrícula 1742 BGY.
Tras precipitarse polo noiro da VG-4.1 e impactar contra o valado de protección da vía, tanto o condutor como o seu acompañante, S. G. P., de 36 anos, saíron do coche e alertaron a familiares da súa situación. Posteriormente, a ferida desprazouse ao momento de Atención Continuada do Centro de Saúde de Baltar e de alí ao Hospital Domínguez, en Pontevedra. Ademais, os accidentados intentaron sen éxito que un guindastre retirase o vehículo de onde se atopaba, dadas as dificultades derivadas das características do terreo en pendente.
Horas despois, os servizos de Seguridade do municipio recibiron un aviso informando da existencia dun vehículo abandonado no terraplén. A Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo Local de Emerxencias achegáronse entón ao lugar do accidente e localizaron ao propietario do coche.
Unha vez coñecidos Efectivos de Emerxencias Sanxenxo realizaron rápel para poder suxeitar o vehículo ao guindastre, conseguindo finalmente subilo á pista.