Sae da vía, queda colgado nun terraplén e abandona o lugar antes da chegada das asistencias
Por Redacción
Unha saída da calzada na vía de servizo da VG-4.1, vía rápida que une Sanxenxo e O Grove, obrigou a mobilizar os servizos de Emerxencias de Sanxenxo ante o perigo de que o vehículo, un Citroën Saxo, se puidese precipitar á vía rápida despois de quedar colgado nun terraplén.
O suceso produciuse arredor das 6:30 horas da mañá deste mércores 6 de febreiro. Cando os efectivos de Emerxencias chegaron ao lugar o condutor, que resultou ileso, xa abandonara a zona.