A reposición de lousas obriga a pechar a Rúa dos Barcos o luns, martes e mércores
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellería de Servizos, que dirixe Maxi González, procederá a próxima semana á reposición de varias lousas rotas na Rúa dos Barcos, o que obrigará a pechar ao tráfico esta rúa cuxa circulación está unicamente autorizada para acceso a garaxes.
Se o tempo o permite a brigada de Obras empregará tres días na reposición dos elementos danados, polo que a rúa estará cortada o luns, martes e mércores, recuperando a normalidade para partir do xoves.
A Concellería de Servizos púxose en contacto cos administradores das comunidades de propietarios para informarlles deste corte de tráfico, así como de que o Concello de Sanxenxo pon a disposición de todos os usuarios de prazas de garaxe nos edificios afectados o parking de Nauta.
Previa identificación, poderán dispoñer das instalacións do aparcadoiro público de forma gratuíta durante os tres días nos que non poderán acceder ás súas prazas.