Unha persoa resulta ferida nun accidente no que un coche quedou a piques de caer a un río
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves ao verse implicada nunha saída de vía en Ponte Caldelas. O vehículo botouse fóra da vía e quedou a piques de caer a un río.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro aconteceu pasadas as 16.00 horas deste xoves na estrada PO-532, ao seu paso polo lugar de Cuñas.
O persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros do Morrazo, pero non foi precisa a súa intervención porque a persoa ferida deu saído do vehículo polo seu propio pé.
Urxencias Médicas decidiu mobilizar ata o punto unha ambulancia para asistir á persoa ferida. Os profesionais do 112 Galicia tamén puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.