A asociación de veciños San Miguel de Marcón detecta problemas de seguridade vial na parroquia
Por Oskar Viéitez
A asociación de veciños San Miguel de Marcón ven de convocar unha asemblea para o próximo domingo día 24, as 10:30 da mañá, no salón de actos da Casa Cultural onde falarán, entre outros asuntos, dos problemas de seguridade vial detectados nalgúns puntos da parroquia.
Dende a directiva de dita asociación informarán da existencia de "problemas importantes de seguridade vial na zona da Fonte do Viveiro" e tamén no camiño da Dorna.
Na asemblea tamén se abordarán outros temas referidos ás marquesinas en Pazos e Vilafranca, os colectores de recollida de lixo, arranxos en lavadoiros e os seus mananciais e a revisión das estructuras das pontes de Peralba e Albeiro.
Tamén se exporá as solicitudes de axudas económicas as diferentes administracións públicas.
As 12:30 aproximadamente, unha vez rematada a reunión, a Casa cultural de Marcón acollerá a presentación do libro de Guillermo Cerviño Porto, Los secretos de Sara y tamén presentará a asociación un albúm fotográfico que recolle distintas estampas das festas de Marcón 2015.