O PP pide financiación para facer accesibles as praias da provincia
Por Redacción
O grupo provincial do Partido Popular presentou este venres unha proposta para que a Deputación de Pontevedra aprobe unha liña de axudas para os concellos cos que aumentar o número de praias accesibles na provincia, e que presentarán no próximo pleno provincial a través dunha moción.
O deputado Jose Enrique Sotelo defendeu a creación dunha liña de axuda aos propios concellos para complementar as condicións de acceso aos areais con outros servizos dirixidos tamén ás persoas con necesidades especiais.
Estes cartos que irían destinados a dotar as praias de pasarelas desde o aparcamento ata o mar, a reserva suficiente de prazas de estacionamento, sinalización que facilite a información e a localización dos servizos accesibles para todas as persoas; aseos e duchas adaptadas; socorristas e persoal de apoio, que acompañen ás persoas con discapacidade á hora do baño; e axudas técnicas, como cadeiras e muletas anfibias.
Os populares entenden que "aínda que o destino Rías Baixas é máis que costa, porque ten outros importantes e grandes valores diferenciais, non hai que descoidar nin abandonar a oportunidade e o atractivo que supoñen as praias da provincia".