Achacan á precaria situación da Policía a onda de roubos en garaxes de Vilagarcia
Por Redacción
A Unión Federal de Policía volve denunciar a "precaria" situación da falta de policías e medios que "lamentablemente repercute nas actividades delituosas que se producen en Vilagarcía".
Segundo este sindicato, o último exemplo desta situación que sinalan, tivo lugar esta fin de semana cos roubos de vehículos nos garaxes da rúa López Ballesteros.
Os representantes dos policías indican que había dous vehículos uniformados de servizo pero un deles tivo que estar a realizar servizos na Comisaría e o outro aínda que fixo patrulla por Villagarcía "pouco ou nada puido facer", porque, segundo apuntan estas mesmas fontes, os vehículos uniformados son vehículos de alta visibilidade para poder ser localizados polos cidadáns e requiridos, pero esa función convértese nunha desvantaxe en conto aos delincuentes se trata, posto que poden ser detectados de lonxe e ocultarse dos mesmos para cometer as súas falcatruadas.
Por ese motivo, desde a Unión Federal da Policía, piden un vehículo camuflado asignado de forma permanente para Villagarcía, unha dotación máis "que se suma ás non atendidas que levamos moito tempo reclamando e que deixan ver os seus efectos tristemente para prexuízo da cidadanía"´, afirman nun comunicado.
Relacionadas:
-
O SUP asegura que as tres prazas convocadas na Comisaría de Pontevedra palían as baixas por xubilación
Por Redacción |
-
Convocan concentracións ante as Comisarías de Marín e Vilagarcía para esixir máis policías e melloras
Por Redacción |
-
A Unión Federal de Policía rebate o Subdelegado e insiste en que faltan policías en Vilagarcía
Por Redacción |