A Unión Federal de Policía rebate o Subdelegado e insiste en que faltan policías en Vilagarcía
Por Redacción
A Unión Federal de Policía (UFP) sae ao paso das declaracións do subdelegado do Goberno, Antonio Coello, nas que afirmaba que a comisaría de Vilagarcía cumpría cos cocientes establecidos e que as patrullas están cubertas polo que non é necesario aumentar a dotación de axentes.
O sindicato maioritario na comisaría vilagarciá entende que Coello "parece quere tomar o pelo aos propios cidadáns de Vilagarcía e ao seu alcalde". Segundo a Unión Federal de Policía está a anunciarse aos cidadáns que están en marcha os dispositivos da campaña de Nadal e que todo é perfecto mentres que os axentes da comisaría descoñecen que exista un dispositivo e o sindicato sinala que non habería axentes para levar a cabo ese traballo. Apuntan que as patrullas ordinarias dependen de que os funcionarios que a componenen non se poñan enfermos ou teñan que realizar outros traballos como custodiar a detidos nos calabozos.
A central apunta que en numerosas ocasións os axentes da policía local teñen que facerse cargo de servizos da Policía Nacional, producíndose a ausencia de patrullas nacionais durante este último fin de semana. Esta situación prexudica, segundo ao sindicato, tamén ás autoridades xudiciais que, en ocasións, teñen que esperar a que haxa policías dispoñibles para trasladar os detidos ao xulgado.
Insisten en que non se cumpren os servizos mínimos para unha poboación próxima aos 40.000 habitantes. E denuncian que o subdelegado do Goberno non quixo reunirse coa UFP. Inciden en que queren participar nunha reunión co subdelegado, o alcalde de Vilagarcía e o xefe da Comisaría local para comprobar a situación real.
Relacionadas:
-
Achacan á precaria situación da Policía a onda de roubos en garaxes de Vilagarcia
Por Redacción |
-
Convocan concentracións ante as Comisarías de Marín e Vilagarcía para esixir máis policías e melloras
Por Redacción |
-
Crean unha soa praza de oficial de Policía Nacional para a Comisaría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Silencio en memoria dos dous policías asasinados en Kabul
Por Redacción & Mónica Patxot & Cristina Saiz |
-
O subdelegado do Goberno asegura que a Comisaría de Vilagarcía "cumpre cos ratios de persoal"
Por Redacción |