Cambios no tráfico en Ponte Caldelas para os días de feira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O goberno local de Ponte Caldelas anunciou unha reorganización de tráfico no centro urbano durante os días que se celebre o mercado ambulante, o 5 e 20 de cada mes.
A Avenida de Vigo pasará a estar parcialmente peonalizada desde primeira hora da mañá ata aproximadamente as 13:30 horas co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos usuarios da feira.
Esta decisión implica medidas de tráfico complementarias, habilitando rutas alternativas para os coches.
Deste xeito Concepción Arenal e Rosalía de Castro pasarán a ser de dobre dirección.
Con esta solución "gañamos en comodidade de espazo para os vendedores ambulantes ao tempo que tamén en seguridade viaria para as persoas xa que poden facer as súas compras con total comodidade e tranquilidade ao non ter que estar pendentes e a expensas do paso de calquera vehículo", sinalou o alcalde Andrés Díaz.
"A nosa intención é favorecer o desenrolo desta feira como referente comercial na bisbarra e polo de atracción", explicou o rexedor valorando o plan de tráfico que se porá en práctica este mércores 20 de abril.