Ponte Caldelas estrea a peonalización parcial da Avenida de Vigo
Por Redacción
Tal e como estaba previsto, o goberno municipal de Ponte Caldelas decidiu peonalizar parte da Avenida de Vigo, una decisión coa que se busca gañar en seguridade para as persoas e, ao mesmo tempo, ampliar o espazo destinado á feira que se celebra no municipio.
Desde primeira hora da mañá e ata as 13:30 horas, aproximadamente, a Policía Local despregou un operativo que sinalizou o espazo acoutado ao tráfico rodado e determinou rutas alternativas para que puideran circular os vehículos cara a outras rúas da vila. Produciuse sen demasiados inconvintes e mantendo sen alteración o acceso aos garaxes e ás vivendas da zona.
Con esta solución adoptada polo equipo de goberno, "gañamos en comodidade de espazo para os vendedores ambulantes ao tempo que tamén en seguridade vial para as persoas xa que poden facer as súas compras con total comodidade e tranquilidade ao non ter que estar pendentes e a expensas do paso de calquera vehículo", indicou o alcalde Andrés Díaz.
A intención do Concello é que, con este cambio, os veciños que se acheguen á feira merquen na tamén no "amplo, completo e profesional comercio local existentes na nosa localidade".
Ademais, o alcalde recorda que esta feira segue a ser un aliciente importante para o sector da hostalería e a restauración posto que "moitas persoas aproveitan estas feiras para xantar na vila".