Abril, mes da bicicleta en Pontevedra
Por Diego Espiño
A tradicional Pedalada será o vindeiro domingo, 24 de abril, a actividade central dunha serie de actos na cidade relacionados coa promoción da bicicleta como medio de transporte.
Con saída desde a Avenida Montero Ríos ás 11:30 do domingo, esperan poder reunir a preto de 2.000 ciclistas na marcha, que se celebrará polas rúas do centro da cidade nun percorrido de aproximadamente 9 quilómetros apto para todos os públicos.
Trátase de potenciar "a bicicleta como un elemento máis dentro da mobilidade", sinalou na presentación dos actos Quique Pérez, representante de Masa Crítica.
A presentación, que se realizou concidiendo este 19 de abril co Día Internacional da Bicicleta, contou tamén coa presenza do concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, e representantes das asociacións Amencer e Asseii, que terán presenza nos diversos actos organizados.
Entre eles, durante toda a semana destacan un ciclo de cinema e unha charla coloquio sobre a seguridade viaria dos ciclistas.
No ciclo de cinema proxectaranse o documental 'Bicicletas Vs Coches' (21 de abril, Pazo de Mugartegui), 'Dias de Festa' (28 de abril, Casa da Luz), 'As Aventuras de Pee-Wee' (5 de maio, Casa da Luz) e 'A Terre a Bicyclette' (12 de maio, Casa da Luz).
En canto á charla-coloquio, está confirmada a presenza do ex ciclista Álvaro Pino; o presidente da Federación Galega, Juan Carlos Muñiz; e Daniel Macenlle, intendente da Policía Local de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Un millar de ciclistas únese á Pedalada máis solidaria
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Asociacións de defensa dos ciclistas denuncian 19 condutores por non respectar a distancia de seguridade
Por Redacción |
-
O Bloque ve na proposta de carrís bici un "ataque ao modelo de cidade"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |