Un 'tironero' empréndea a golpes cunha muller á que roubou o bolso
Por Redacción
Unha veciña de Pontevedra foi vítima dun roubo con violencia. Segundo denunciou esta muller na Comisaría de Pontevedra o suceso tivo lugar o pasado sábado nas inmediacións do Paseo dos Gafos.
A muller portaba un bolso con material de perruquería que levaba colgado tipo bandoleira. O asaltante tirou con forza pero non conseguiu facerse co bolso, emprendéndoa a golpes coa súa vítima, segundo consta na denuncia que a propia muller xa ratificou nas dependencias da Comisaría.
As testemuñas presenciais do suceso avisaron á Policía e aos servizos sanitarios que trasladaron á muller en ambulancia para prestarlle asistencia polas súas feridas.
A Policía Nacional trata agora de localizar ao autor dos feitos seguindo a descrición que deste individuo facilitaron as testemuñas e a propia vítima.
O bolso foi localizado na avenida de Vigo tirado nunhas matogueiras. O ladrón deixou os aparellos de perruquería e só interesouse polo teléfono móbil e o diñeiro que portaba na carteira, uns 40 euros.