Case 30.000 euros para obras de reforma na Casa Rosada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Poio destinará 29.459,77 euros para unha serie de reformas no edificio da Casa Rosada, sede dos servizos sociais municipais.
Será grazas a unha subvención que se enmarca dentro do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.
A través desta achega, o Concello realizará a restauración da cuberta e conservación de fachada e terrazas do edificio de servizos sociais.
Estas subvencións hai que sumalas aos 154.875,31 euros que se aprobaron a semana pasada con cargo á liña 1 do Plan Concellos, para a realización dunha obra de saneamento no Laño.
A Deputación de Pontevedra destinou a Poio a cantidade total de 1.004.339,91 euros dentro do Plan Concellos 2016 dos cales no primeiro trimestre de ano, xa se concederon 559.910,46 euros, o que supón o 55,75% do total destinado ao concello.