Sen feridos nun aparatoso accidente de tráfico en Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ata cinco vehículos víronse implicados nun rechamante accidente de tráfico que ocorreu na mañá deste domingo en Poio.
Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco despois das nove da mañá. Foi un particular o que avisou aos seus servizos de emerxencia.
O accidente, no que non houbo que lamentar feridos, produciuse na PO-308 á altura de Laño.
Todo apunta, segundo o 112 Galicia, a que o accidente foi provocado por un adiantamento entre dous coches.
Ao lugar do sinistro trasladáronse Urxencias Médicas, o GES de Sanxenxo, Protección Civil de Poio e a Garda Civil de Tráfico.