Poñéndose en forma como un mozo de 60 anos
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, quere que as persoas maiores de 60 anos do seu concello se poñan en forma. Para predicar co exemplo, o rexedor vestiuse a súa roupa deportiva e asistiu a unha sesión de ximnasia de mantemento para maiores dentro do programa municipal 'Ponte en Movemento'.
Aquelas persoas interesadas en participar neste programa deberán abonar 12,50 euros ao mes e apuntarse nas oficinas do Concello. O alcalde indicou que este programa está destinado ás persoas maiores de 60 anos que teñen interese en practicar exercicio físico con moderación sempre supervisado por monitores profesionais que orientan individualmente a cada persoa sobre a práctica deportiva.
"Un dos nosos obxectivos, dentro das nosas limitadas posibilidades, é aumentar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños", indica Andrés Díaz que, a través dunha xestión municipal, alcanzou un acordo cun ximnasio do municipio para poñer en marcha este proxecto.