Investigan un mozo de Vilaboa como presunto autor dun furto de efectos nun club de mergullo de Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil de Sanxenxo, investiga un mozo de San Adrián de Cobres que responde as iniciais J.M.G.R., de 31 anos de idade, como presunto autor dun furto nunha empresa de ensino nas técnicas de mergullo en Portonovo.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon na madrugada do día 12 de xaneiro do presente ano, cando o presunto autor, aproveitando a fácil apertura dunha porta de entrada, apoderouse de diversos efectos de mergullo, entre os que se atopaban chalecos hidroestáticos, reguladores, unha botella de aire, lentes de mergullo e outros utilizados polos alumnos.
As investigacións, que compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo viñan realizando, permitiron este luns, a identificación e investigación do suposto autor do citado feito delituoso.
No momento da súa identificación incautáronselle no interior do maleteiro do seu coche unha botella de aire, 2 chalecos e 2 reguladores que coincidían cos subtraídos tras un recoñecemento por parte do seu dono.
Por todo iso procédese á súa investigación e á instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número un de Cambados, onde terá que presentarse o investigado cando para iso sexa requirido.