Xornada de limpeza da praia de Montalvo
Por Redacción
Atendendo á chamada do Kannion Surf Bar máis de 70 persoas participaron de maneira desinteresada nunha xornada de limpeza da praia de Montalvo.
Fundamentalmente acudiu xente nova e parellas con nenos.
Esta actividade contou co apoio da Concellería de Medio Ambiente de Sanxenxo cuxa responsable, a edil Coral González-Haba, mostrou a súa satisfacción por esta iniciativa.
Coa satisfacción que leva quen fai un bo labor social e a recompensa dun chocolate quente, os asistentes retiraron da area gran cantidade de lixo. Ata cinco sacos completos.