Sorprenden a un caco mentres rompía cun pau o cristal dun bar
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un home de 45 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor da tentativa dun roubo con forza nun bar da capital.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon sobre as 14:40 horas do mércores 6 de abril, cando un axente de policía que se atopaba libre de servizo e camiñaba polas inmediacións da rúa Barón oíu como alguén fracturaba uns cristais polo que se achegou ao local e sorprendeu a un individuo cun pau golpeando os cristais da porta dun establecemento hostaleiro da devandita rúa.
O axente policial avisou a unha patrulla policial que procedeu á súa detención por un delito de roubo con forza.