Unha persoa resultou ferida tras sufrir un accidente co tractor
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este mércores a unha persoa ferida tras envorcar o tractor que manexaba.
O persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Pontevedra, que descartaron intervir en canto confirmaron que a persoa estaba liberada.
Iso si, o particular que deu a voz de alarma urxía a asistencia médica.
Sucedeu pouco antes das dez da noite en Acevedo, Pontevedra.
Ademais dos bombeiros, os xestores do 112 Galicia informaron a Urxencias Médicas e aos axentes da Policía Local.