Atopan o corpo sen vida dun ancián no interior dunha autocaravana en Beluso
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Bueu atopou o corpo sen vida dun veciño de Darbo (Cangas) no interior da súa autocaravana aparcada en Beluso.
O falecido é J.V.M., de 79 anos de idade.
Os Bombeiros do Morrazo encargáronse de abrir a autocaravana para acceder ao interior, onde se atopaba o cadáver do home xunto ao seu can, tamén falecido.
Ata o lugar acudiron a Garda Civil e familiares do home, que explicaron que faltaba da súa casa desde hai quince días.
Segundo informaron os axentes municipais de Bueu, o vehículo levaba varias semanas aparcado na explanada do porto de Beluso.