Dúas persoas afectadas ao arder unha campá extractora na rúa José Casal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os servizos sanitarios atenderon dúas mulleres afectadas polo fume provocado por un lume de escasas dimensións declarado nunha vivenda da rúa José Casal de Pontevedra.
Un particular informou ao 112 Galicia ás 14:00 horas deste martes de que vía saír moito fume negro do interior dun piso.
O persoal do CAE 112 Galicia avisou os Bombeiros de Pontevedra, á Policía Local e a Protección Civil.
Os Bombeiros confirmaron que ardeu a campá extractora da cociña, o que provocou unha intensa fumareda.
Como consecuencia do fume, Urxencias Médicas acabou atendendo no punto ás dúas mulleres, aínda que non foi preciso o seu traslado.