O modelo de financiamento local fai perder a Pontevedra 3,4 millóns de euros este ano
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Ana Pontón protagonizó este martes su primera visita como portavoz nacional do BNG ao Concello de Pontevedra, Nela, aproveitou para poñer en valor o modelo de cidade desenvolvida polo goberno nacionalista que lidera Miguel Anxo Fernández Lores, "unha referencia nítida no Estado, pero tamén a nivel internacional polo que supón de cambio transformador".
Pontón subliñou que Pontevedra é un exemplo "inequívoco" e un "orgullo" para o BNG.
No encontro con rexedor e co grupo de goberno, no que tamén participou a deputada por Pontevedra, Montse Prado, abordouse o actual modelo de financiamento local que Pontón e Lores coincidiron en tachar de "discriminatorio" para os concellos galegos e que, só en 2016, fai perder a Pontevedra 3,4 millóns de euros.
Neste sentido, o Bloque considera necesario "superar o marco de discriminación" que se produce no Estado a respecto de Galicia, que en termos de financiamento local supón que cada galego recibe 50 euros menos que a media estatal dos recursos que chegan da Participación nos ingresos do Estado (PIE), -40,85 no caso concreto de Pontevedra-.
A discriminación é aínda máis evidente no caso das cidades, xa que un grupo de sete urbes con máis de 500.000 habitantes acapara un 33% dos 11.341 millóns de euros que o Estado distribúe aos municipios en 2016, pese a sumar o 18% da poboación.
DOBRE DISCRIMINACIÓN
Galicia ten o 6,24% da poboación, pero os concellos galegos reciben 5,05% dos fondos do estado. Esta discriminación no financiamento "é dobre", denuncia Pontón, posto que supón recibir menos recursos ca media nun territorio onde a prestación de servizos é máis custosa por causas como a dispersión xeográfica e o envellecemento da poboación.
Os concellos nacionalistas, avanzou, teñen prevista “unha ofensiva” no seo da Fegamp. O BNG tamén buscará o consenso no Parlamento para mudar o modelo de financiamento local, aínda que "para superar este marco discriminatorio non chega cun acordo na Cámara galega senón que se dea tamén a nivel estatal", dixo.
EXCELENTE CANDIDATA
A portavoz nacional non se pronunciou a respecto da súa intención de postularse como candidata do BNG á Xunta, á espera de que se abra o proceso de elección desde a militancia. Si o fixo o alcalde pontevedrés que considera que Pontón sería "unha excelente candidata, aínda que depende dela e do conxunto da organización" porque o Bloque "é unha forza democrática", salientou.