O Banco de Alimentos recolle 3,6 toneladas na primeira Operación Quilo de Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos recolleu esta fin de semana uns 3.600 quilos de comida non perecedoira na que foi a primeira Operación Quilo desenvolvida en Pontevedra e Vilagarcía, segundo o cómputo realizado este luns.
Na iniciativa solidaria desenvolvida no Eroski da rúa Cobián Areal de Pontevedra recadáronse uns 1.600 quilos de alimentos e, no situado na Praza de Xoán XXIII de Vilagarcía, máis de 2.000 quilos de alimentos. Grazas á xenerosidade da cidadanía, a ONG poderá seguir recuperando o stock de alimentos non perecedoiros existentes no almacén pontevedrés de Faustino Santalices.
Desde a entidade provincial agradécese publicamente a implicación dos 50 voluntarios que participaron nesta Operación Quilo, así como á xenerosidade das persoas que responderon á chamada de solidariedade.
Grazas ás Operacións Quilo organizadas ao longo de 2015, a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu uns 84.300 quilos de comida non perecedoira en toda a provincia, de aí a importancia de seguir apostando por este tipo de iniciativas. Unha vez máis, o leite, galletas, cacao, aceite e conservas vexetais de todo tipo volveron ser os alimentos máis doados.
Relacionadas:
-
Máis de 100.000 quilos de comida en seis meses para axudar aos máis necesitados
Por Redacción |
-
Pontevedra e Sanxenxo recollen 4.500 quilos de comida na Operación Quilo
Por Redacción |
-
Os sanxenxinos doan 1,2 toneladas de comida ao Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle 18.600 quilos de comida na Operación Quilo
Por Redacción |