Predominio de nubes e claros para os vindeiros días
Por Redacción
Durante os vindeiros días, as protagonistas nas Rías Baixas serán as nubes, que, de cando en cando, deixarán claros no ceo. Segundo MeteoGalicia, ocasionalmente tornarase moi anubrado. A pesar disto, non se esperan precipitacións durante as xornadas do martes e o mércores, aínda que si durante este luns.
En canto as temperaturas, as mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas ascenderán moderadamente. Así, durante a xornada do mércores oscilarán entre os 4 e os 16 graos; para o sábado atoparanse entre os 7 e os 14 graos. Predominarán os ventos de carácter feble procedente do norte e a calidade do aire manterase admisible.
O xoves será o punto de inflexión. Segundo o servizo oficial de meteoroloxía de Galicia, prevense chuvascos dende esta xornada e durante toda a fin de semana. Tamén predominarán os ventos de compoñente norte, polo que espérase un ambiente frío na zona das Rías Baixas.