Unha muller resulta ferida nun aparatoso accidente na Autovía do Salnés
Por Redacción
Importante accidente de tráfico na Autovía do Salnés o sufrido na tarde deste sábado por unha muller, que resultou ferida.
A condutora do vehículo perdeu o control e terminou envorcando, preto da saída cara a Cambados, nun suceso que tivo lugar ao redor das 19:00 horas.
Debido á aparatosidade, mobilizáronse efectivos de Emerxencias Sanxenxo e Bombeiros do Salnés, aínda que finalmente a muller puido saír polo seu propio pé do vehículo.
A condutora foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario.