Os vehículos abandonados de Sanxenxo serán responsabilidade da Deputación de Pontevedra
Por Redacción
Os automóbiles abandonados e o seu posterior tratamento de descontaminación en Sanxenxo serán responsabilidade da Deputación de Pontevedra, despois de renovar o convenio que mantiñan. Este convenio terá unha vixencia de catro anos e que non supoñerá a cesión da titularidade da competencia.
A través desta prestación, a Deputación de Pontevedra, coa autorización da Administración municipal e da Policía Local, recollerá e transportará os vehículos abandonados ou fóra de uso ata un centro de tratamento autorizado para someterse ao proceso de desmonte e descontaminación previsto pola lei.
Con esta medida, a Deputación de Pontevedra ofrece un servizo concertado a aqueles municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes. O Goberno Local considera que se trata dun servizo que no últimos catro anos resultou vantaxoso para o Concello ao realizarse sen custo algún para a Administración local e engade "é evidente que se dan razóns de eficacia económica para que o Concello de Sanxenxo se una de novo a esta iniciativa".
A empresa concesionaria do servizo poñerá a disposición do Concello de Sanxenxo un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico destinado á atención e asesoramento sobre as xestións para realizar, procedendo a retirar o vehículo no menor prazo posible.