O Concello do Grove pide voluntarios na recollida de material para os refuxiados sirios
Por Redacción
O Concello do Grove conta xa con toda a documentación para proceder ao envío dos materiais que os veciños acheguen para axudar aos refuxiados sirios. A asociación de Apoio ao Pobo Sirio ha facilitado o sistema de embalaxe e etiquetaje, ademais das categorías de produtos que son máis necesarios para enviar.
Desde o goberno local reclámase a colaboración de persoas que de maneira voluntaria queiran colaborar na recollida. Búscase que os cidadáns mecos fagan gala da súa solidariedade achegando un gran de area para liquidar este problema.
Desde os servizos sociais do Concello indícase que todas as achegas axudarán para realizar os envíos a Siria e no caso de que se supere o material previsto será destinado a Ong que traballan na comarca.
Para os refuxiados sirios solicitanse mantas, comida en lata, leite en po, material escolar, xoguetes, material hospitalario e sanitario, compresas e cueiros. Pídese aos doantes que non acheguen nin roupa nin carne de porco.
As achegas poderán ser depositadas na base de emerxencias en Borreiros entre o 5 e o 7 de abril en horario de 9.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.