Atenden tres persoas por inhalación de fume tras arder unha pota nunha vivenda de Vilagarcía
Por Redacción
Os servizos sanitarios tiveron que atender durante esta madrugada a tres persoas nun domicilio de Vilagarcía de Arousa debido á inhalación do fume que provocou unha pota que se atopaba no lume.
Segundo informa o servizo de Emerxencias de 112, o suceso producíase pasados uns minutos das 04.30 horas da noite deste luns cando un particular indicou ao 112 Galicia que no piso dos veciños, situado na avenida de Cambados, percibíase en moito fume e non se atopaba ben.
Trasladouse o aviso a Urxencias Médicas e aos bombeiros de Vilagarcía que, unha vez no lugar, confirmaron que ardera unicamente a tartera e que o propietario da vivenda xa sufocara o lume.
A Policía Local, axentes da Policía Nacional e os membros do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía tamén foron alertados polo persoal do 112 Galicia.