Activan o dispositivo de busca pola desaparición dun submarinista en Carril
Por Redacción
Salvamento Marítimo, Garda Civil e Policía Nacional participan no dispositivo de busca dunha persoa desparecida no peirao de Carril.
Trátase dun submarinista de 41 anos, ao que se lle perdeu a pista ao redor das 20:00 horas deste luns.
O servizo de Salvamento enviou ata o lugar a dúas embarcacións e o helicóptero Pesca I. Tamén se avisou á patrulleira da Garda Civil en Sanxenxo e á demarcación da Policía Nacional.
A pesar de activarse o dispositivo de emerxencia, a falta de luz e o mal estado do mar complican os labores de busca.
Por este motivo, e tras varias horas de traballo na zona, suspendeuse a busca por mar e aire, continuando pola noite só por medios terrestres.
Relacionadas:
-
Recuperan o corpo sen vida do mergullador desaparecido en Carril
Por José Alberto Graña Pérez | Creada e actualizada